mércores, 1 de outubro de 2014

Xornadas feministas e ciclo de cine para Outubro

Cada venres , ás 22.00, proxectaremos un filme ou un documental que van dende a situación das mulleres no conflicto árabe-israelí en chave humorística ("Y ahora a dónde vamos?") a un repaso da historia das mulleres galegas durante o franquismo (Silenciadas). Proxectaremos tamén un documental que revive a historia das mulleres que se enfrentaron á patronal no conflicto de Odosa, na Illa de Arousa, en 1989, e unha película que trata o tema do movemento feminista anarquista en Arxentina, chamada "Ni dios, ni patrón, ni marido".
Así mesmo, os dous primeiros sábados de outubro traerán dúas charlas, unha da man de Lola Ferreiro (psicóloga) sobre as violencias machistas en todos os seus aspectos , e outra co colectivo 'Conas Ceives' (Colectivo feminista do val de Amaia) que tratará o tema do micro-machismo nos movementos sociais.
Agardámosvos a todas!


mércores, 24 de setembro de 2014

Roteiro polas mámoas da Serra do Barbanza.

Ven con nós ao Roteiro polas mámoas da Serra do Barbanza:
Saída Sábado 27 ás 09'00h do Centro Social Harar. Corredoira nº 53 Noia, A Coruña.
A volta será á tarde, traede comida e sobre todo auga abondo.
Dificultade = Media.
Data límite pra se apuntar Venres 26 de Setembro.
Grupo do Facebook
hararcs@gmail.com
(En caso de chuvia cancélase)

venres, 19 de setembro de 2014

Representación de 'Marx no Soho' de man de Pepe Sendón

Seguimos adiante e desta volta cun pouquiño de teatro.
Desta volta contamos con "Marx No Soho". Deixámosvos un pequeno resumo e agardámosvos a todos e a todas, coma sempre, para desfrutar e medrar un chisquiño máis con nós!

"Despois de moito protestar un comité de ultratumba permítelle a Karl Marx volver ao mundo dos vivos durante unha hora. Un erro burocrático provoca que o seu espírito apareza en Santiago materializándose nun anónimo transeunte. Marx volve para limpar o seu nome e deixar as cousas claras. Vén disposto a falar das súas ideas e de como foron mal interpretadas.
Da súa vida: persecución e desterro, penurias no Soho, traxedias familiares, libros, erros, debates sobre o que foi o comunismo, o que non foi e o que ha de ser. Moitas cousas que contar e pouco tempo para falar. Tempo abondo, aliás, para descubrir que entre a actual crise e os días que Marx viviu, a humanidade non cambiou tanto."

Recordade, o sábado ás 19.00! Entrada de balde!


Ciclo de cine. Setembro; O ascenso dos fascismos.

Todos os Venres ás 21'30 emitiremos un filme, documental, etc... encadrados todos nunha mesma temática.
Para este mes de Setembro comezamos cun ciclo sobre 'O ascenso dos fascismos'. Emitiremos 'Metropolis' e 'Novecento' en dous pases.


Inauguración; 29 e 30 de Agosto do 2014

O venres ás 17.00 abrimos por primeira vez as portas de xeito oficial, e ás 18.00 desfrutamos dun recital poético da man tanto do poeta local Ismael Ramos como da compostelá Helena Salgueiro.

Ás 19.00 a música popular deixounos a súa pegada cun concerto da man de Mini e Mero, integrantes da Quenlla cos que pasamos un momento inesquecíbel!

Unha vez rematado o concerto seguimos cunha foliada ate o peche.

Sábado comezamos cunha sesión vermú pola mañá, abrindo o local ás 12.00.

Para pola tarde tivemos unha ben interesante palestra acerca do conflito no leste da Ucraína que nos permitiu achegarnos ao Donbass da man do colectivo internacionalista "Mar de Lumes" que comezou ás 17.30.


Aparte de fotos tamén temos video dos actos da inauguración:



As fotos e o video son todos de Galiza Contrainfo baixo licenza Creative Commons.